InicioOccidentalViveiroViveiro na Feira Sportur de Ourense promociona todo o seu potencial para...

Viveiro na Feira Sportur de Ourense promociona todo o seu potencial para o deporte e a natureza

O pasado venres acudiron á feira María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e César Iglesias Docal, concelleiro de Deportes, que mantiveron diversas reunións cos touroperadores presentes.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está presente en Sportur, o salón do deporte e turismo activo que celebra en Expourense onte e hoxe a súa cuarta edición.

Viveiro conta cun stand propio no que se ofrece información sobre o municipio e, en concreto, sobre as diferentes opcións que o nconcello ofrece a todos aqueles visitantes que queiran disfrutar do turismo deportivo.

O pasado venres acudiron á feira María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e César Iglesias Docal, concelleiro de Deportes, que mantiveron diversas reunións cos touroperadores presentes.

Estes touroperadores, de distintos lugares de España e Portugal, manifestaron o seu interese en levar grupos de turistas a destinos diferentes, destinos máis virxes, como é Viveiro.

Trátase dunha feira de deporte e turismo activo, destinada a todos os públicos, tanto para deportistas como afeccionados ou principiantes, e para todas as idades, que cada vez está a ter máis repercusión, polo que a presenza de Viveiro en este tipo de eventos é importante para promocionar o concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...